Un gol de Aubameyang guía ao Depor á vitoria ante Club Deportivo Lugo (1-0)
O primeiro gol de Aubameyang coma xogador deportivista deu a vitoria ó club herculino no primeiro Trofeo Concello de Vilalba
Boa imaxe do novo Lugo de Borja Fernández que deu a cara ante un rival de primeira división
Na segunda metade baixou a intensidade do partido en parte polos moitos trocos realizados por ambos equipos
Un solitario gol da fichaxe estrela do Deportivo para o seu retorno á primeira división, Pierre Erick Aubameyang, deu a vitoria ao equipo herculino ante o Club Deportivo Lugo nun partido de pretemporada que non se saíu do guión agardado para un choque preparatorio a estas alturas do mes de xullo.
No inicio do partido o Depor ameazaba coa súa presión alta e a dupla formada por Aubameyang e Eddachouri inquedaron a meta dun inseguro Endjambe nun par de ocasións. Pero co paso dos minutos o Lugo foi asentándose baixo a batuta dos medios centros Ulloa e Parrilla. Rufo e Reniero gozaron de dúas boas ocasións pero os seus disparos non atoparon portería. No último minuto da primeira metade os albivermellos pediron penalti por unha posible man de Arnau Comas. Non se sinalou e o equipo herculino armou unha contra que finalizou de maneira soberbia Aubameyang co seu primeiro gol coa camisola deportivista.
Tras o descanso o ronsel de trocos en ambos equipos rachou o ritmo do partido. O dominio era alterno pero ninguén se achegaba con perigo a portería contraria. No treito final o Depor anotaría un segundo tanto tras unha mala saída de Marc Martínez pero o gol era anulado por falta de Amatucci sobre o meta lucense. Xa na prolongación Noubi remataría o pau de cabeza a saída dun córner. Pero non se movería o marcador r o Deportivo facíase co primeiro Trofeo Cidade de Vilalba