Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas cae en Valladolid (29-23) e segue a tiro do descenso

O Cangas cae en Valladolid (29-23) e segue a tiro do descenso

O equipo galego entrou ben, pero apañou un parcial de 8-0 na primeira metade que o condenou

Na continuación, os pucelanos administraron a renda do descanso (15-9)

O Cangas ten un punto sobre o play out, e dous sobre os descenso a falta de 3 xornadas

Foto: Alejandro Nieto
G24.gal 12/04/2026 12:35

O Frigoríficos do Morrazo non puido traer nada positivo da súa visita á pista do Valladolid, sétimo clasificado da táboa. Perdeu por 29-23 e queda ameazado polos equipos da zona vermella da ASOBAL.

Foi un partido que se torceu axiña. Os cangueses acadaron unha vantaxe de dous goles no treito inicial, pero o Valladolid respondeu cun parcial demoledor, 8-0, co Cangas incapaz de marcar durante 12 minutos da primeira metade. Así as cousas, o marcador deu a volta, e ao descanso xa mandaban os locais por seis goles.

Na segunda metade, o Cangas seguiu experimentando problemas co gol, que chegaba a un ritmo moi lento. Nicolo D'Antino foi o máximo anotador con seis tantos, axudado por Samuel Pereiro e Santi López, con cadanseus tres tantos. Unha bagaxe insuficiente para competir diante dun Valladolid no que Karapalevski meteu seis, e ata cinco xogadores pasaron dos 3.

Ao final, 29.23, e o Cangas terá que seguir apertando na zona baixa da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade