Mala xornada para os equipos galegos no balonmán feminino
O Mecalia Guardés caeu na Sangriña diante do Málaga (19-25)
O Porriño abría a xornada con derrota en Elxe (22-18)
O Mecalia Atlético Guardés perdeu na casa ante o Málaga, segunda derrota da temporada na Sangriña, nun partido que comezaba con homenaxe a Estela Doiro na Sangriña.
As galegas non estiveron cómodas en ningún momento. Ao descanso perdían 11-14. No segundo tempo, chegaron a estar a dous goles pero o Málaga volveu apertar ata o 19-25 final. Tras esta derrota, o Guardés baixa o cuarto posto, empatado a puntos co seu rival desta xornada, co Málaga
Pola súa banda, o Porriño caeu na súa visita o Elxe nun partido que se decidiu por detalles mediado o segundo tempo. Coas galegas un arriba, as locais acadaron un parcial de 5-0 que abriu un oco imposible de recuperar.
O peso anotador do equipo galego levárono as laterais, Viktoria Kamilla Zsembery anotou seis tantos, e Bruna Ribeiro fixo catro. E so Carolina Bono e Zhukova achegaron cadanseus dous goles, unha escasa bagaxe para poder aspirar ao triunfo. No equipo local a anotación estivo máis repartida, aínda que Carmen Figueiredo marcou sete tantos.
Logo de catro partidos sen gañar, o Porriño baixa ao sexto posto con 23 puntos.