Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta volve aos adestramentos con Pablo Durán xa incorporado ao traballo de grupo

O Celta volve aos adestramentos con Pablo Durán xa incorporado ao traballo de grupo

O Olympique de Lión chega á eliminatoria no seu peor momento da tempada

G24.gal 09/03/2026 14:26 Última actualización 09/03/2026 14:33

O Celta retomou esta mañá os adestramentos tras enfrontarse ao Madrid o venres e descansar sábado e domingo, pois o técnico optou por darlles a fin de semana libre aos seus xogadores. Os de Claudio Giráldez teñen tres adestramentos por diante antes de recibir o Olympique de Lión nun partido ao que está por ver se chega Pablo Durán, na recta final da súa recuperación.

O tomiñés é, en principio, o único futbolista do equipo vigués no parte médico, pero esta mañá xa traballou co resto de compañeiros.

O Olympique de Lión chega á eliminatoria no peor momento da tempada. Na Ligue 1 perdeu o colchón de acceso a Champions e está fóra da Copa de Francia. É un todo ou nada na Europa League. Pero sen Sulc, as súas opcións redúcense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade