O Cangas vence na pista do Guadalaxara, rival directo (30-32), e fuxe do perigo
Un Manu Pérez infalible (8/8) conduce aos galegos ao triunfo
O Cangas ten agora 13 puntos e está dous por riba do descenso
Importantísima vitoria do Cangas Frigoríficos do Morrazo de cara á súa permanencia na Asobal. Venceu ó Guadalajara, derradeiro clasificado, que se afunde na táboa.
O partido foi moi igualado, cos galegos levando a iniciativa no marcador nos primeiros minutos (4-7). Chegou despois a reacción local, que culminou co 9-8 e co 13-12 a cinco minutos do descanso. Un parcial de 0-3 aseguraba o triunfo galego ao tempo de lecer.
Na segunda metade seguiu a igualdade no marcador, pero con vantaxes galegas, ata o 26-30 que deixaba encarreirada a vitoria.
Ao final, 30-32, cunha actuación espectacural de Manuel Pérez, que rematou con 8/8 nos lanzamentos. Sexta vitoria do Cangas que o deixa con trece puntos, dous por riba do descenso.