Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas derrota ao Villa de Aranda (28-26) e fuxe a dous puntos do descenso

O Cangas derrota ao Villa de Aranda (28-26) e fuxe a dous puntos do descenso

A vitoria no Gatañal permítelles aos galegos alcanzar aos burgaleses na táboa

Foto: @Robert_Campill0 Foto: @Robert_Campill0
G24.gal 19/04/2026 21:13

A temporada do Frigoríficos do Morrazo na ASOBAL está preto de ter final feliz un ano máis. Logo de atravesar por fases clasificatorias complicadas, ocupando os postos perigosos, os galegos conseguiron endereitar o rumbo nas últimas xornadas. E, con dúas vitorias nos tres últimos encontros, saen da zona vermella con dous puntos de marxe.

Visitaba o Gatañal un rival directo, o Villa de Aranda, que chegaba con dous puntos máis na táboa. E disputou un encontro co marcador igualado. Na primeira metade, o Cangas so conseguiu rendas de dous goles, e ata foi por diante o cadro burgalés pola mesma renda. Ao descanso chegouse cun 16-15 a prol dos galegos.

Na segunda metade, o marcador mantívose moi apertado ata o treito decisivo. Logo dun 18-15 a prol do Cangas, un parcial de 0-4 devolveulle a igualdade. Malia a isto, O Cangas seguía mandando con diferenzas mínimas, e isto foi definitivo ao final. Porque o Villa de Aranda puxo o 27-26 por medio de Tamayo, e gozou da ocasión de empatar. Salvou o lanzamento Panyan, e Martín Fuentes completou o traballo co 28-26 definitivo. Un resultado que afasta ao Cangas do descenso, igualado con 17 puntos co Villa de Aranda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade