Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo derrota ao Lleida (3-1) e manténse a dous puntos do liderado

O Liceo derrota ao Lleida (3-1) e manténse a dous puntos do liderado

O equipo coruñés resolveu o choque no segundo tempo cos tantos de Toni Pérez, Bruno Saavedra e Arnau Xaus

G24.gal 14/12/2025 13:50

Vitoria do Liceo na OK Liga ante o Lleida por 3-1 nesta décimo segunda xornada. Os catro goles do encontro chegaron en oito minutos do segundo tempo, do 39 ó 47.

Toni Pérez e Bruno Saavedra puxeron por diante ó equipo liceísta. Acortou diferenzas Darío Giménez para o Lleida. Pero só un minuto despois Arnau Xaus facía o definitivo 3-1.

Último partido do ano no Pazo que deixa ó Liceo segundo, con 29 puntos, a dous do Barsa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade