Publicador de contidos

Publicador de contidos

Importante e sufrida vitoria do Liceo ante o Bassano (4-3)

Importante e sufrida vitoria do Liceo ante o Bassano (4-3)

Os de Juan Copa dominaban con claridade un partido en que acabaron sufrindo nos minutos finais

Nuno Paiva, Dava Torres, Bruno Saavedra e Arnau Xaus foron os goleadores liceístas

@HockeyClubLiceo @HockeyClubLiceo
G24.gal 08/01/2026 20:41

Paso de xigante do Liceo de cara a súa clasificación para a seguinte rolda da WSECL tras gañar o Bassano (4–3) nun partido que dominou desde o inicio pero no que acabou sufrindo no treito final do mesmo.

O Bassano partía como vítima propiciatoria ante un Liceo que necesitaba a vitoria para colocarse nunha boa posición clasificatoria antes de disputar o dobre enfrontamento ante o Benfica. E custou abrir a lata. Os de Juan Copa desaproveitaron boas ocasións para adiantarse no marcador e houbo que esperar o último minuto do primeiro tempo para adiantarse grazas a un gol do portugués Nuno Paiva.

No primeiro minuto da segunda metade Dava Torres ampliaba a diferenza local. O Liceo dominaba o partido e pese a encaixar o tanto italiano anotado polo catalán Gerard Riba, os coruñeses rachaban o partido con dous novos goles, esta vez obra de Bruno Saavedra e Arnau Xaus.

A vitoria parecía no peto dos de Juan Copa. Pero un gol de Facundo Posito e outro de novo de Gerard Riba poñían un apretado 4–3 no electrónico a pouco máis dun minuto para o final. Sufriu neste último minuto o Liceo pero foi quen de aguantar un marcador importante para afianzar a posición dos herculinos entre os catro primeiros clasificados do seu grupo e poder acceder desta forma ós cuartos de final da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade