Cargando resultados...
Armand Duplantis bate o seu propio récord do mundo tras saltar 6,31 metros
É a décimo cuarta ocasión na que Armand Duplantis, de 26 anos, mellora o récord mundial
G24.gal
13/03/2026 13:08
Última actualización 13/03/2026 13:23
O sueco Armand Duplantis estableceu un novo récord do mundo de salto con pértega, tras impoñerse este xoves na reunión Mondo Classic disputada na cidade sueca de Uppsala cunha marca de 6,31 metros.
Duplantis, vixente campión olímpico, mundial e europeo, superou nun centímetro a anterior plusmarca universal, que el mesmo posuía cunha altura de 6,30 centímetros desde os Mundiais disputados o pasado mes de setembro en Tokyo.
Esta é a décimo cuarta ocasión en que Armand Duplantis, de 26 anos, mellora o récord mundial desde que en febreiro de 2020 logrou a súa primeira plusmarca universal tras saltar 6,17 metros na cidade polaca de Torun.