Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo empata na pista do Reus (3-3) e mantense na cabeza da OK Liga

O Liceo empata na pista do Reus (3-3) e mantense na cabeza da OK Liga

Os de Juan Copa adiantáronse por dúas veces, pero os cataláns igualaron no treito final

G24.gal 08/03/2026 13:25

Na OK liga, empate do Liceo na pista do Reus. Ao descanso chegouse cun 1-1, con gol de Tombita para o equipo herculino. Encontro igualado e disputado tamén no segundo tempo, no que se adiantou o Reus. César Carballeira e Nuno Paiva déronlle a volta ao marcador poñendo o 2-3. Pero, de novo, Marc Soler ía marcar para o cadro catalán deixando o 3-3 final.

O Liceo mantén cinco puntos de vantaxe á fronte da clasificación. Nun mes de marzo que lle vén cargado de partidos, o xoves na competición europea o Liceo visita o Spórting de Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade