De la Fuente na CSAG: "Pídolle a Borja que mo poña difícil para o Mundial"
Mingueza tamén conta con opcións de entrar na lista de 26
Este é o mundial da historia "no que máis equipos poden gañar", asegurou
E confesounos que non imaxinaba "o que sentiu Del Bosque ao gañar en Sudáfrica"
O Seleccional nacional de fútbol, Luís de la Fuente, estivo este sábado na Coruña e aproveitamos para falar con el. Quixemos saber -primeiro- que opcións lle ve a Borja Iglesias de estar no vindeiro mundial. Luís asegurounos que as ten, que pode entrar na lista dos 26 elixidos e o único que pide é que non se manque e que "llo poña difícil". Para esta lista confesounos que tamén ve con opcións a Mingueza.
O Seleccionador falounos da ledicia que lle produce que o último partido de preparación antes do Mundial se vaia xorgar na Coruña, onde ten "moitos amigos" e sinalou que estamos ante o mundial da historia no que "máis equipos o poden gañar".
De la Fuente amouse cercano e cordial e nese mesmo ton soñou con nós cunha España campioa. "Non imaxino o que puido sentir Vicente del Bosque ao gañar un Mundial", confesou.
Agradecer desde aqui a predisposición e a cordialidade do Seleccionador cos profesionais da Corporación de Servicios Audiovisuais de Galicia. Foi un pracer!