Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benassi: "Hai que tomar o VAR en serio, estámonos a xogar moito"

Benassi: "Hai que tomar o VAR en serio, estámonos a xogar moito"

O conselleiro delegado do Deportivo cargou contra o uso do VAR

"Xa de Burgos volvimos con dous puntos menos polo VAR", asegurou

Indicou que as súas palabras deben son "unha mensaxe e non unha protesta"

Massimo Benassi, durante a comparecencia ante os medios
G24.gal 02/05/2026 10:00 Última actualización 02/05/2026 12:05

O Deportivo non está contento coa aplicación do VAR. Así o fixo saber Massimo Benassi, o conselleiro delegado, ao remate do partido co Leganés. A xogada final do encontro co penalti indicado contra os herculinos, a instancias da mencionada ferramenta, indignou ao deportivismo. Benassi asegurou que o Deportivo aceptaba os erros que puideran cometer os árbitros, pero non os que veñen da sala VOR. "Temos que protexer a competición, hai que tomarse o VAR en serio", aseguraba Benassi.

O conselleiro delegado aproveitou para facer memoria e apoiar os seus argumentos: " Xa de Burgos volvimos con dous puntos menos e esperemos que, dentro de un mes, o club non os precise para estar nunha posición ou outra". Bensassi concluiu que estas declaracións non deben ser tomadas como unha protesta, se non como unha mensaxe clara para protexer a competición".

As declaracións de Massimo Benassi acontecen trala sufrida vitoria do Dépor ante o Leganés, cun penalti final fallado polos visitantes e sinalado por indicación do VAR. E acontecen tamén cado quedan catro xornadas e oos coruñeses loitan co Rácing de Santander e co Almería polas dúas primeiras prazas da liga, as que dan opción ao ascenso directo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade