Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo empata co Igualada (3-3) e mantén sete puntos de renda no liderado

O Liceo empata co Igualada (3-3) e mantén sete puntos de renda no liderado

Os cataláns adiantáronse dúas veces durante a primeira metade, pero os coruñeses reaccionaron

Na segunda parte non se moveu o marcador

O Liceo está preto de gañar a Liga regular, con sete puntos de renda sobre o Igualada

G24.gal 01/03/2026 13:40

O Liceo camiña cara ao primeiro posto da Liga regular. No enfrontamento diante do seu gran rival, o Igualada, os coruñeses igualaron a tres tantos, resultado que lles permite manter sete puntos de renda sobre os cataláns, cando quedan seis partidos para rematar esta fase. 

O Igualada saíu disposto a reducir a desvantaxe na táboa, e a manterse con opcións de asaltar o liderado dos coruñeses. E así abría a conta Matías Pascual cando so ían disputados tres minutos e medio. O Liceo reaccionou cinco minutos despois, cando Nuno Paiva igualñaba o choque aproveitando un roubo.

Pero o cadro catalán volveu tomar vantaxe. Fïxoo cun ataque rápido, que culminou Joel Romá, e a bola parada, por medio de Roger Bars. Todo en apenas un minuto.

Entraba o encontro no treito final da primeira metade, e os coruñeses volveron refacerse. E así Nuno Paiva e Jacobo Copa establecían a igualada a 3 no descanso, ao que marchou o partido cunha pequena lea entre os xogadores dos dous equipos.

A segunda metade non deixou tantas novidades. Cos dous equipos controlando o xogo, os minutos foron pasando sen que se movese o empate a tres, que xa foi definitivo. O Liceo continuará de líder, cunha xornada menos para que remate a temporada regular, e máis preto de concluíla como líder.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade