Dura proba para o Liceo, que xoga ante un intratable Benfica
O Liceo anuncia a posta en marcha da Semana do Socio para encher Riazor
Foto Liceo
O Liceo xoga contra o Benfica, un equipo con pleno de triunfos. O líder do Grupo B mostrouse implacable e xa foi capaz de asaltar na última xornada a pista do Spórting (1-4).
O reto do xoves non será sinxelo para o cadro galego, que suma sete puntos. Nun grupo onde cada detalle pode resultar decisivo e a loita prevese igualada ata o final, o equipo que dirixe Juan Copa busca un triunfo tendo en conta que o Barcelos, quinto con catro puntos, visita ao pechacancelas Bassano.
O Liceo anuncia a posta en marcha da Semana do Socio, unha iniciativa coa que pretende encher o Palacio dos Deportes de Riazor para os seus dous próximos partidos como local, ambos de máxima esixencia, coa visita con só catro días de diferenza de dous dos mellores equipos de mundo: o Benfica o xoves 5 de febreiro (20:30 horas) na Champions e o Barça o domingo 9 (12:00 horas) nun duelo fundamental para a OK Liga.