Derrotas de Ensino e Uni Ferrol na liga feminina
As ferrolás perderon por cuarta vez esta temporada co Avenida Salamanca
As lucenses non puideron cun Jairis superior durante todo o partido
@CBAvenida
Mala xornada para os intereses galegos na liga feminina de baloncesto. En xornada adiantada por mor dos compromisos da selección española. Certo é que os rivais de Uni Ferrol e de Ensino eran dos considerados complicados na categoría.
As de Lino López recibían na Malata o Avenida Salamanca, a súa auténtica besta negra esta temporada. O partido non se pareceu ós que se viviron na Eurocup, as galegas refíxeronse tras un mal inicio e estiveron vivas ata o último cuarto onde a maior profundidade de banco otorgou a vitoria ó equipo salmantino (60-71). A checa Sotolova foi a mellor xogadora local con 24 puntos e xogando o partido na súa totalidade.
En Alcantarilla o Ensino aguantou o primeiro cuarto. O acerto de Bertsch, Collado e da ex xogadora lucense Alba Prieto foi decisivo para a vitoria das murcianos que racharon o partido no segundo cuarto. Imani Tate foi a mellor das galegas con 19 puntos.