Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo acada a duodécima vitoria consecutiva no OK Liga contra o Sant Just (4-2)

O Liceo acada a duodécima vitoria consecutiva no OK Liga contra o Sant Just (4-2)

Os de Juan Copa lideran a competición con man de ferro

G24.gal 21/02/2026 22:50

O Liceo afianza o seu liderado na ok liga cunha nova vitoria na casa. Impúxose ó Sant Just por 4-2 e xa leva doce triunfos seguidos. 

Dava Torres abriu a conta liceísta ós quince minutos. E cinco minutos despois, era César Carballeira o que ampliaba co 2-0. Ese era o marcador ó descanso.

No reinicio outra vez César Carballeira facía o terceiro. E aínda que recortou o Sant Just, Bruno Saavedra lograba o cuarto, resultado maquillado polo último gol visitante. 

O próximo rival dos liceístas na liga, tamén en Riazor, será o Igualada o vindeiro domingo. Antes, o xoves, enfrontaranse ó Bassano italiano na Champions. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade