Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo recibe mañá ao Barça co liderado en xogo (12:00h, G2)

O Liceo recibe mañá ao Barça co liderado en xogo (12:00h, G2)

G24.gal 07/02/2026 13:15

O Liceo continúa co seu particular Tourmalet nunha semana moi esixente. Tralo meritotro empate ante o todopoderoso Benfica na Champions, mañá visita Riazor o Barça co liderado da OK Liga en xogo. Un liderado que ostenta o equipo coruñés con tres puntos de marxe sobre os barcelonistas e sobre o Igualada. 

O Liceo foi quen de gañar no Palau na primeira volta por tres goles a cinco e agora vai contar co apoio da súa afección. Os de Juan Copa están invictos en Riazor no que levamos de temporada.

Todo un Liceo-Barça, mañá ao mediodía na segunda canle da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade