Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruno Saavedra desatasca o partido contra o Barça (1-0) e fai máis líder ao Liceo

Bruno Saavedra desatasca o partido contra o Barça (1-0) e fai máis líder ao Liceo

O partido ía cara ao empate sen goles ata que apareceu Saavedra para decidilo cun golazo

O Liceo amplía a seis puntos a súa vantaxe co Barça

G24.gal 08/02/2026 13:43

O Liceo saíu vencedor do partido polo liderado da OK Liga. Foi un partido disputado, intenso diante do Barça, que non se decidiu ata o treito final, cando apareceu Bruno Saavedra para facer posible a décima vitoria consecutiva dos coruñeses, e afondar no mal momento dos blaugrás, que so sumaron 4 puntos dos últimos 12.

Comezou o partido igualado, e o Liceo axiña gozou de ocasións para adiantarse, como un lanzamento desviado de Dava Torres e, sobre todo, unha boa acción que culminou César Carballeira cun lanzamento ao pau. Tamén buscoaron o gol Nil Cervera e Jacobo Copa, pero o 0-0 mantíñase no marcador.

As rotacións non mudaron a decoración, xa co Liceo dominando o xogo, e Arnau Xaus gozou doutra boa ocasión. No treito final da primeira metade abríronse un chisco as defensas e houbo máis alternativas. Volveu acariñar Dava Torres o primeiro, pero sacouno Sergi Fernández.

Na segunda metade tardou o Liceo en coller o ritmo, pero foi gañando presenza, o que plasmou Nuno Paiva cunha gran ocasión. Seguía o partido igualado, e chegou un cartón azul a Pablo Álvarez que lle permitiu ao Liceo cargar en superioridade dous minutos. Intentouno Toni Pérez, pero o Barça aguantou, e o encontro entraba nunha nova fase á espera das accións a bóla parada.

Non houbo que agardar por elas. Bruno Saavedra aproveitou unha contra, e marcou un auténtico golazo na acción persoal para abrir a contra. Quedaban menos de tres minutos, e houbo que sufrir, pero o Liceo asegurou un triunfo que o lanza seis puntos por riba do Barça na cabeza da OK Liga, a falta do partido do Igualada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar