O Arenteiro queda sen premio contra o Tenerife no minuto 97' (0-1)
Os galegos tiñan o empate na man diante do intratable líder, pero condenounos un penalti
Tremendo castigo para o Arenteiro no tempo engadido do Espiñedo ante o líder da Primeira Federación. O conxunto galego acariñou o empate diante dun Tenerife intratable, que lidera con man firme a competición.
No minuto 93, o Tenerife saca unha falta desde a frontal por medio de Fabricio. Chégalle a pelota a Landázuri, que cae derrubado dentro da área. O árbitro primeiro non sinala nada, pero logo rectifica e vai revisa-la xogada ao monitor. O colexiado, Federico Javier Saiz acaba indicando o punto de penalti e cartón amarelo a Luca.
Cinco minutos despois de revisa-la xogada lanza Gastón Vallés e marca o tanto do triunfo do cadro tinerfeño, que mantén a diferenza de 9 puntos co segundo clasificado, o Celta Fortuna. O Arenteiro queda, polo momento, a catro puntos da salvación.