Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desde o Liceo inciden en que "hai un proxecto serio" e que van seguir medrando

Desde o Liceo inciden en que "hai un proxecto serio" e que van seguir medrando

O Liceo é líder na Liga, está ben posicionado en Europa e goza dunha economía máis estable

G24.gal 11/02/2026 15:49 Última actualización 11/02/2026 15:56
Líder na Liga, ben posicionado en Europa, cunha economía máis estable e coa súa xente implicada como non se vía desde hai tempo. O director deportivo do Liceo, Antón Boedo, pregoa anos de bonanza.
 

"Hai un proxecto serio e imos seguir medrando. Imos traer máis títulos esta temporada"

 
Entre eses obxecivos de altura, un marcado en vermello: a final a oito europea. O Liceo ergueu seis títulos europeos. Porén, hai catorce anos que non acada o título europeo. Así e todo, ningún outro club exclusivo desta especialidade se achega ao seu palmarés.
 
Esa competencia con clubs de fútbol deixa feridas ano a ano. César Carballeira, piar deste Liceo, marchará ao Porto en xuño. Unha baixa que os verdes pretenden compensar coa volta do histórico Edu Lamas tras cinco anos de éxito no Dragão.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade