Publicador de contidos

Publicador de contidos

Danko Brankovic: "O Tenerife xoga un baloncesto moi elaborado"

Danko Brankovic: "O Tenerife xoga un baloncesto moi elaborado"

Destacou a parella que forman o base brasileiro Marcelinho Huertas e o pivote xeorxiano Giorgi Shermadini

Foto Breogán
G24.gal 11/02/2026 16:05 Última actualización 11/02/2026 16:14

O internacional croata Danko Brankovic, pivote do Río Breogán, sinalou este mércores que o seu equipo terá que render “moi ben” para vencer a domicilio a Tenerife, que ao seu xuízo xoga un baloncesto "moi elaborado".

“Será un partido moi difícil, especialmente por xogar fóra de casa. Ademais, é unha viaxe longa e complicada. Nunca xoguei alí, non se como son os seus afeccionados, pero no partido da primeira volta xa vimos que Tenerife é un equipo con moita experiencia, que xoga un baloncesto moi elaborado”, destacou.

Brankovic, ademais, apuntou á parella que forman o base brasileiro Marcelinho Huertas e o pivote xeorxiano Giorgi Shermadini, que xa lle fixo moito dano no duelo disputado en Lugo.

“Son xogadores con experiencia, de moita calidade. Aquí xa o fixeron moi ben, será importante frearlles”, avisou o pivote breoganista.

Con todo, o croata confía nas posibilidades do seu equipo para asaltar o pavillón Santiago Martín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade