Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo non pode coa pegada do Benfica e perde 4-2

O Liceo non pode coa pegada do Benfica e perde 4-2

João Rodrígues decide o partido cun hat-trick e Miranda sentencia sobre a bucina co cadro coruñés sen porteiro

G24.gal 23/01/2026 11:28 Última actualización 23/01/2026 11:34

o Benfica, líder invicto do Grupo B, mantén o seu pleno de vitorias tras superar ao Liceo (4-2). O ex azulgrana João Rodrigues adiantou aos locais, e seis fatídicos minutos tras o descanso sen tensión competitiva castigaron ao cadro liceísta, que se viu 3-0 abaixo.

Aínda así, Jacobo Copa e Arnau Xaus devolveron o suspense ao tramo final. O conxunto galego tentouno con máis coraxe que bo xogo, deixando espazos que José Miranda aproveitou a trinta segundos do final para pechar o 4-2 definitivo.

A pesar da derrota, o Liceo alcanza o ecuador da fase de grupos entre os catro primeiros do Grupo B, beneficiado pola tamén derrota do vixente campión Barcelos, que caeu ante todo prognóstico ante o pechacancelas Bassano italiano (3-1).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar