Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axustado triunfo do Liceo en Riazor diante do Cerdanyola (4-3)

Axustado triunfo do Liceo en Riazor diante do Cerdanyola (4-3)

Os de Juan Copa colócanse de líderes provisionais con este triunfo

G24.gal 17/01/2026 23:40

Na OK Liga, o Liceo logrou un importante triunfo ante o Cerdanyola en Riazor por un axustado catro a tres. A primeira metade terminou con mínima vantaxe para os liceístas, dous a un, grazas aos goles de Dava Torres e de Arnau Xaus, que superaron o conseguido por Miquel Escala para os cataláns.

Na reanudación, Torres conseguía aumentar a diferenza, pero o Cerdanyola non se rendeu, e Marc Vázquez volvía poñer ao seu equipo a un só gol. Entrou así o encontro na súa recta final. Nuno Paiva parecía lograr a tranquilidade definitiva para o Liceo, pero o Cerdanyola volveu responder cun tanto de Joan Escala. Quedaban 42 segundos e o marcador xa non se moveu.

O equipo coruñés é líder provisional con 38 puntos á espera do que fagan mañá o Barça e o Igualada, que teñen 35.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade