Bryan Zaragoza viaxa a Roma e o Celta pretende incorporar a Matías Vecino
No último día de mercado poden darse as dúas operacións que desexa o cadro vigués
Bryan Zaragoza está en Roma para pasar o recoñecemento médico e asinar o contrato
Logo das marchas de Beltrán e Damián a prioridade é incorporar un mediocentro
O último día de mercado pode deixar dúas operacións no Celta. Unha está a piques de facerse oficial, a marcha de Bryan Zaragoza á Roma. O club italiano quere o extremo andaluz e o cadro vigués ve con bos ollos a marcha porque se libra da súa ficha e da opción de compra obrigatoria do final de temporada. O rendemento de Bryan, sen ser malo, non estivo á altura do agardado.
A prioridade no tocante ás incorporacións é traer un mediocentro. As marchas de Damián e Beltrán debilitaron esa posición e o que está máis preto é o uruguaio Matías Vecino está no punto de mira. Pertence ao Lazio -tamén de Roma- e xogou na última década en equipos importantes do fútbol italiano. Na súa folla de servizos están a Fiorentina, o Inter e o cadro celeste da Lazio.