O Lugo segue sen atopar o rumbo e cae en Talavera
Nova derrota dos albivermellos nun partido no que case non tiveron chegadas na área manchega
Catro puntos en cinco xornadas é unha bagaxe escasa para o equipo da cidade da muralla
Club Deportivo Lugo non puido dar continuidade a vitoria da xornada pasada ante o Racing e volveu perder, a terceira derrota en cinco xornadas, esta vez no Municipal do Prado ante o Talavera. Os lucenses voltaron a caer nun xogo horizontal, con moito dominio de balón pero con pouca verticalidade. Se engadimos ó pouco dano creado na área contraria as dúbidas defensivas, sobor de todo nas xogadas a balón parado, acadar algo positivo de terras manchegas foi un imposible para os de Yago Iglesias.
Un gol do ex dianteiro do Ourense Gonzalo di Renzo no inicio da segunda metade foi suficiente para decantar a balanza do lado dos locais. Despois do tanto encaixado e cos trocos realizados o equipo albivermello gañou presenza en área contraria pero con escasas ideas para facer dano o equipo talaverano.
Con esta derrota Club Deportivo Lugo suma catro puntos e cinco xornadas e unha semana máis rematará na zona baixa da clasificación.