Primeira vitoria en Champions para o Athletic
Os de Valverde derrotaron 3-1 ó Qarabag nun partido onde tiveron que remontar o gol encaixado no primeiro minuto de partido
Guruzeta en dúas ocasións e Rober Navarro foron os goleadores dos bilbainos
Iñaki Williams tivo que retirarse mancado na primeira metade

O Athletic sumou o seu primeiro triunfo na Champions League ó derrotar por 3 a 1 ao Qarabag. Partido onde os de Valverde tiveron que remontar despois dun nefasto inicio de partido onde encaixaron un gol no primeiro minuto do choque. A primeira metade foi un monólogo vasco que aínda tivo que esperar o treito final para igualar despois dun gol de Gorka Guruzeta. Entre medias o capitán do Athletic Iñaki Williams tivo que retirarse do partido tras sufrir unha lesión muscular.
Na segunda metade, o Athletic non chegaba tanto á área contraria pero unha xenialidade de Robert Navarro puxo por diante o equipo local. Os azeríes estiveron a piques de emparar pero Yuri Berchiche salvou na liña de gol un balón que se colaba na portería de Unai Simón. Para disipar dúbidas, de novo Guruzeta sentenciaba o partido cun duro remate desde a frontal da área grande.
Primeiros tres puntos para o Athletic que perdera nas dúas primeiras xornadas da Champions ante o Arsenal e o Borussia Dortmund.