Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barça golea ó Olympiakos (6-1) co nigranés Dro no equipo titular

O Barça golea ó Olympiakos (6-1) co nigranés Dro no equipo titular

Estrea europea para o xogador galego que deu unha asistencia a Fermín e xogou sesenta minutos a bo nivel

Fermín con tres goles e Rashford con outros dous foron os mellores do equipo culé

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 21/10/2025 20:21

O Fútbol Club Barcelona acadou a súa segunda vitoria na Champions League tras golear ó Olympiakos de Jose Luis Mendilibar,6 – 1,  nun partido que o equipo blaugrana rachou na segunda metade tras a expulsión de Santiago Hezze no equipo heleno.

A gran novidade do partido foi a aposta de Hansi Flick polo canteirán Dro. O xogador de Nigrán viviu a súa estrea na máxima competición continental completando un bo partido participando no primeiro gol de Fermín e asistindo ó xogador andaluz no segundo tanto. Con ese marcador de 2-0 chegaríase ao descanso. Tras o intermedio semellaba que o Olympiakos metíase no partido co gol de El Khaabi de penalti. Pero a expulsión do arxentino Hezze cortou calquera atisbo de reacción do cadro de Atenas. De aí o final chegarían os goles de Fermín de novo, completando o seu primeiro hat trick europeo, do inglés Rashford en dúas ocasións e de Lamine Yamal que volvería a marcar un mes e medio despois, esta vez desde o punto de penalti.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar