Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rodrygo perde o partido de Balaídos e o resto da tempada

Rodrygo perde o partido de Balaídos e o resto da tempada

O dianteiro brasileiro do Real Madrid tampouco estará no Mundial deste verán

Sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo do xeonllo dereito ​​​​​

G24.gal 03/03/2026 17:18 Última actualización 03/03/2026 17:23

O brasileiro Rodrygo Goes sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco externo do xeonllo dereito, lesión que o manterá afastado dos terreos de xogo polo menos ata final da presente tempada e que lle fará perderse o partido de Balaídos e o Mundial que se disputa este verán, informa o Real Madrid nun comunicado.

"Tras as probas realizadas hoxe ao noso xogador Rodrygo polos Servizos Médicos do Real Madrid diagnosticóuselle a rotura do ligamento cruzado anterior e a rotura do menisco externo da perna dereita", sinala o club.

Esta lesión tradúcese en varios meses de baixa, polo que, ademais dos compromisos co Real Madrid durante ese tempo, o atacante di adeus a disputar o Mundial, que arrinca en xuño, co Brasil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade