O Vilarreal empata a 2 ante a Juve e suma o primeiro punto na Champions
Renato Veiga empatou o encontro no 89 para o cadro amarelo
O Vilarreal é 26º na clasificación da Champions League

O encontro comezou ben para o submarino amarelo co gol de Mikataudze no minuto 18. Puido ampliar a ventaxe o equipo dirixido por Marcelino cun disparo ao pau de Pedraza. Nos últimos minutos da primeira metade, a Juve comezou dominar o encontro e Arnau Tenas tivo que esforzarse para chegar co marcador a favor ao tempo de lecer.
Foi no minuto 4 da segunda metade cando Gatti, cunha chilena espectacular, puxo o empate para o conxunto italiano. Aos seis minutos, Conciençao, que acababa de entrar ao terreo de xogo para substituír a Kelly, anotou para darlle a volta ao encontro. Xusto antes de chegar ao final do tempo regulamentario, no 89, Renato Veiga rematou un córner e puxo o 2-2 final no electrónico.