Cargando resultados...
Fortes enfrontamentos en Nápoles entre seareiros do conxunto italiano e do Spórting de Portugal
Voaron pedras, paus e cadeiras
Hai feridos graves e desfeitas en locais e automóbiles
G24.gal
01/10/2025 21:38
Horas antes de que dera comezo o encontro de Champions League entre o Nápoles e o Spórting de Portugal, seareiros italianos e portugueses protagonizaron un violento enfrontamento nos arredores do Estadio Diego Armando Maradona. Nas imaxes pódense ver lanzamentos de cadeiras e pedras entre as dúas afeccións, que tamén usaban paus para agredir.
Como consecuencia, moitos locais da zona, mobiliario urbano e os automóbiles que estaban estacionados na rúa sufriron desfeitas. Tamén hai varios feridos graves.