Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PAOK mide a crise do Celta

O PAOK mide a crise do Celta

O equipo de Claudio Giráldez chega tocado ao seu enfrontamento co PAOK, lastrado pola súa falta de contundencia nas áreas

G24.gal 01/10/2025 15:33 Última actualización 01/10/2025 15:59

Co ruído e as dúbidas que xerou o xogo do equipo ante Stuttgart e Elxe, aínda sen celebrar unha vitoria despois de oito partidos -sete de Liga e o primeiro da liga Europa-, o Celta xógase este xoves non descolgarse en exceso da pelexa por un billete para a seguinte fase da competición continental.

O equipo de Claudio Giráldez chega tocado ao seu enfrontamento co PAOK, lastrado pola súa falta de contundencia nas áreas, demasiado fráxil na propia e dependendo en exceso do olfacto goleador de Borja Iglesias, que suma cinco dianas, na do rival.

A expectativa xerada polo EuroCelta é proporcional á decepción que vive nestes momentos o celtismo. Por primeira vez desde o seu ascenso ao primeiro equipo, o técnico Claudio Giráldez comprobou como un sector da afección cuestiona as súas decisións.

O Celta igualou un rexistro negativo de hai 43 anos ao non gañar ningún dos sete primeiros partidos de Liga. E o domingo visita Balaídos o Atlético de Madrid, unha das súas bestas negras. Os brancos e vermellos encadean cinco vitorias no estadio vigués e a súa última derrota foi fai sete anos.

Baixo ese negro escenario, o equipo vigués e o seu adestrador encaran os últimos dous partidos antes de que LaLiga volva parar polos compromisos internacionais das seleccións. Gañar ao PAOK supoñería un balón de osíxeno para recibir ao Atlético, que este martes reafirmou a súa melloría con outra goleada ao Eintracht na liga de Campións. Con todo, a misión non será fácil para os celestes. Borja Iglesias non cre que haxa dependencia dos seus goles e amosa ilusión pola cita

"Penso que temos moita parte galega que identifica moito á nosa afección, a Galiza".

O equipo dirixido por Razvan Lucescu chega invicto a Balaídos, aínda que iso non impide que o técnico romanés estea cuestionado por un sector da súa afección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade