Giráldez, na previa do Celta-PAOK: "Estamos tranquilos e amolados"
O Celta suma dúas derrotas consecutivas en Elx e Stuttgart
Claudio Giráldez vai poder contar co central Startfeld para o segundo partido da Liga Europa ante o PAOK de Salónica, mentres que Hugo Sotelo será dúbida ata última hora.
Os de Claudio chegan a esta cita tras dúas derrotas consecutivas en Elx e Stuttgart
"Estamos tranquilos e fastidiados. Non estivemos ao noso nivel".
"Oxalá sexa mañá esa vitoria que nos quite a parte mental e poidamos xogar menos atenazados do que o estamos facendo nestes partidos".
Agradeceu tamén que a presidenta, Marián Mouriño, estea confiando no seu traballo.
"A presidenta móstrame a confianza no día a día. Evidentemente, temos que mellorar os nosos resultados, que é polo que imos ser xulgados. Eu sigo facendo o mesmo e vouno seguir facendo".