Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero advirte a Louzán sobre o Mundial: "Coidadiño, non acabemos nos tribunais"

Caballero advirte a Louzán sobre o Mundial: "Coidadiño, non acabemos nos tribunais"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este mércores en que Balaídos ten que ser “sede do Mundial 2030”

G24.gal 01/10/2025 17:19 Última actualización 01/10/2025 17:24

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este mércores en que Balaídos ten que ser “sede do Mundial 2030”, unha vez que Málaga renunciou e a cidade galega é “a seguinte na lista” pese, puntualizou, “a todas aquelas cousas sen precedentes que fixo Louzán e que deron a volta ao Mundo”.

“Sabemos que estamos dentro, salvo que Louzán volva facer algunha 'louzanada'. E isto dígoo porque o presidente da Federación Española dicía hai uns días que Galicia ten unha sede. E non é verdade. Galicia ten dous, contando Balaídos. Por iso, apresúrese señor Louzán, non vaia ser que esta cidade lle pase por encima”, apuntou.

O rexedor socialista ameazou con levar aos tribunais ao presidente da Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, no caso de que non rectifique.

“Louzán xa está a atrasar en dicir que Vigo gañou, que Balaídos gañou e que temos que ser sede porque gañamos. E, por tanto, empézolle a advertir. Coidadiño, coidadiño con atrasalo, non teñamos que ir aos tribunais, pero aos tribunais con maiúsculas”, avisou.

Caballero insistiu en que Balaídos contará con 43.000 asentos, máis do esixido pola FIFA para ser sede, e para iso xa iniciaron a obra física da ampliación da bancada de Tribuna, que pasará a ter 16.000 butacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade