O Atleti golea ó Eintrach na súa primeira vitoria en Champions
Segunda manciña consecutiva dos de Simeone que derrotaron 5-1 ó equipo xermano
Raspadori, Le Normand, Griezmann, Giuliano e Julián álvarez foron os goleadores no equipo do Cholo Simeone

O Atlético de Madrid acadou a súa primeira vitoria na Champions 2025-26 despois de golear ó Eintrach de Frankfurt no Metropolitano por cinco tantos a un. O equipo madrileño dominou o choque desde o inicio e xa encarrilou pronto o partido despois do temperán gol de Raspadori, o primeiro tanto do italiano coa camisola colchoeira. Na primeira metade o dominio local foi total e Le Normand , tras unha xogada a balón parado, e Griezmann, aproveitando unha gran xogada individual de Julián Álvarez, deixaban a renda en tres tantos no intermedio.
Na segunda metade os xermanos reduciron a desvantaxe co gol de Burkhardt pero o Atleti non baixou o pistón e Giuliano, de cabeza á saída dun córner, e Julian Álvarez de penalti ao estilo Panenka, pecharon a conta para os atléticos.
A próxima cita para o equipo que adestra Cholo Siemone será en Balaídos para xogar ante o Celta o próximo domingo ás nove da noite, partido que pechará a próxima xornada de liga na primeira división.