Publicador de contidos

Publicador de contidos

Real Madrid 2-1 Olympique de Marsella

Real Madrid 2-1 Olympique de Marsella

Remonta do Madrid no Bernabeu cun xogador menos dende o 72

Polémica coa expulsión de Carvajal e co segundo penalti a favor dos brancos

G24.gal 16/09/2025 21:30

O Madrid comezou cunha vitoria pola mínima na Champions ante o Olympique de Marseille. O conxunto branco dominou o encontro dende o inicio con varios achegamentos que obrigaron a Rulli a esforzarse ao máximo. A pesar do bo arranque do Madrid, no minuto 22 chegou o tanto equipo galo a cargo de Weah. Pero a réplica chegou rápido. Rodrygo provoca un penalti que transforma Mbappé para polo empate co que se chegou ao tempo de lecer. 

Na segunda metade chegou a polémica. No minuto 72 Carvajal conecta unha cabezada con Rulli sen balón de por medio que o colexiado interpreta como agresión, suficiente para amosarlle o cartón vermello ao lateral branco, que entrara ao terreo de xogo no minuto 5 para substituír ao lesionado Arnold. O Madrid, con 10, continuou buscando a vitoria e tras unha man polémica de Murillo, Mbbappé volveu  transformar dende os 11 metros no 81 para polo 2–1 definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos