Conta atrás para un EncestaRías, cun cartel de luxo sen precedentes
O torneo nado en Vilagarcía reúne a Real Madrid, Valencia, Baskonia e Breogán
O pavillón dos deportes de Pontevedra ten esta fin de semana unha cita histórica grazas ao Torneo EncestaRías. Nacido en Vilagarcía, a súa décima edición reunirá sobre a pista a Baskonia, Real Madrid, Breogán e Valencia Básket, catro conxuntos ACB de primeiro nivel (tres deles xogarán Euroliga), especialmente os madridistas, que garantirán unha presenza masiva de afeccionados nas bancadas.
O torneo arrincará o vindeiro venres ás 18:45, coa disputa do Baskonia-Valencia Básket, mentres ás 21:15 horas será o momento del Río Breogán-Real Madrid.
O sábado 20 será a xornada da gran final, que comezará ás 20.30 horas. Cun cartel sen precedentes, o X Torneo EncestaRías reafirma a súa condición de referencia no baloncesto de verán e confirma a Pontevedra como unha cidade capaz de acoller eventos deportivos de nivel internacional.