Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán busca gañarlle ao Tenerife case dous anos despois

O Breogán busca gañarlle ao Tenerife case dous anos despois

Os canarios venceron nos últimos tres partidos aos lucenses

O Breo sitúase con catro vitorias sobre o descenso e a tres do playoff polo título

G24.gal 13/02/2026 13:37 Última actualización 13/02/2026 14:12

O Breogán enfróntase a La Laguna Tenerife no derradeiro partido antes da parada pola celebración da Copa do Rei en Valencia. Os de Luis Casimiro non dubidan da calidade dos canarios pese a perder recentemente na ACB contra os penúltimos, o San Pablo Burgos. O Breogán tampouco puido gañar o seu partido a semana pasada fronte ao UCAM Murcia.

Luis Casimiro: "Veñen de perder en Burgos pero tamén de gañar en Europa ao Nymburk. Están preparados para ir á Copa do Rei"

Entre Europa e a competición copeira son tres os torneos nos que está inmerso o Tenerife. Segundo o adestrador do Breogán, a experiencia é un dos factores diferenciais dos insulares. Tamén apuntou que o partido sería positivo para os lucenses se puideran realizar posesións longas, xa que aos de Txus Vidorreta vense favorecidos polas transicións rápidas.

Luis Casimiro: "Tenerife é un equipo que xoga de memoria. Moitos xogadores levan xuntos moito tempo, teñen o mesmo adestrador, unha filosofía de xogo definida..."

Despois de case dous anos da súa última alegría fronte aos tinerfeños, o Breogán buscará vencer para situarse máis preto dos playoff polo título ACB. Esa vitoria por 76-54 supuxo un grande empurrón cara á salvación que finalmente os lucenses conseguirían na penúltima xornada da Liga ACB 2023/24.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade