Tottenham 1 - 0 Vilarreal
Mal inicio dos de Marcelino que non foron quen de levar perigo á area londinense
O erro do cancerbeiro Luiz Junior foi definitivo para o resultado final

O Vilarreal comezou con derrota o seu periplo pola Champions League despois de caer en Londres ante o Tottenham por un tanto a cero. Os castellonenses encaixaron un gol ao poco do comezo, despois dunha calamitosa acción do seu porteiro Luis Junior que meteu dentro da súa propia portería un centro que semellaba inofensivo de Lucas Bergvall.
Co marcador ao seu favor o equipo inglés dominou o choque sen problemas e en ningún momento viu ameazado o marcador. O submarino amarelo amosou a súa cara máis inofensiva en ataque e soamente unha acción a balón parado de Nicolas Pepé levou algo de perigo a portería dos Spurs.