Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brankovic: "Sorprendeume non ter que darlle o balón ao árbitro, poder facer axiña a transición"

Brankovic: "Sorprendeume non ter que darlle o balón ao árbitro, poder facer axiña a transición"

Internacional absoluto coa selección de Croacia, Danko Brankovic destaca pola súa envergadura, mobilidade, capacidade intimidatoria, eficacia preto do aro e solvencia no tiro

G24.gal 17/09/2025 14:52 Última actualización 17/09/2025 14:56

O Río Breogán reforza o seu xogo interior coa incorporación do pivote internacional croata Danko Brankovic, un xogador de 24 anos e 2,17 metros de estatura, que chega procedente do Bayern de Múnic.

"Que me sorprendeu? Sobre todo, ao ser novo no estilo de xogo en España, non ter que darlle o balón ao árbitro, poder facer axiña a transición. É algo novo para min".

"Creo que xa me adaptei moi rápido. Pero foi unha sorpresa".

Formado nas categorías inferiores do KK Cibona, Brankovic debutou co primeiro equipo antes de ser cedido ao KK Dubrava. En 2022 asinou co Bayern de Múnic, club que o cedeu ao Mega Basket serbio, onde destacou cunha media de 12,9 puntos, 6,7 rebotes e 2 tapóns por partido. O seu rendemento valeulle o regreso ao conxunto bávaro para a tempada 2023/24.

Internacional absoluto coa selección de Croacia, Danko Brankovic destaca pola súa envergadura, mobilidade, capacidade intimidatoria, eficacia preto do aro e solvencia no tiro a media distancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade