Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casimiro quere unha reacción do Breogán: "Hai que transformar en positivo o accidente do Barcelona"

Casimiro quere unha reacción do Breogán: "Hai que transformar en positivo o accidente do Barcelona"

O equipo lugués leva tres derrotas seguidas e tentará mellorar a imaxe na pista do Bilbao Básket

O seu rival gañou oito dos doce partidos como local e conseguiu sete vitorias seguidas no comezo de 2026

G24.gal 12/03/2026 12:41

Luis Casimiro quere unha reacción do Breogán despois da derrota do domingo pasado no Pazo diante do Barcelona. O equipo lugués non estivo á altura no regreso da ACB nun partido no que chegou a estar corenta puntos abaixo.

"Hai que transformar en positivo o accidente do Barcelona", confesou un adestrador que xa se centra no seguinte reto. 

Toca visitar a pista do Surne Bilbao Básket (sábado, 21:00 horas), un equipo que conseguiu oito das doce vitorias na súa pista onde está a ser especialmente forte. Alí só conseguiron gañar tres equipos de Euroliga -Barcelona, Valencia e Baskonia-. "Podemos gañar en calquera pista. Se facemos ben o traballo competiremos o partido, temos que volver a ser nós mesmos, sentirnos ben e estar metidos no encontro", confesou Casimiro. 

A última vitoria do Breogán na pista do Bilbao foi na temporada 23-24 cando conseguiron gañar por 68-74. O equipo bilbaíno, moi coral na anotación, ten a un ex do Breogán como estilete, o aleiro Hilliard. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade