Newcastle 1-Barcelona 2
Os primeiros goles de Marcus Rashford coa camisola blaugrana outórganlle a primeira vitoria na Champions League ao equipo culé
As paradas de Joan García manteñen con vida os de Flick na primeira metade

Inicio con vitoria do Fútbol Club Barcelona na Champions League 2025-26. Dous goles do inglés Marcus Rashford , os primeiros co equipo culé, foron chave para acadar este triunfo en Saint James Park. A primeira parte foi dominada polo equipo británico e soamente as intervencións de Joan García impediron que As Pegas marchasen con vantaxe no marcador ao descanso.
Na segunda parte apareceu a estrela do partido, Marcus Rashford, para anotar por partida dobre. Primeiro cunha gran cabezada e despois cun durísimo disparo desde a frontal da área grande. O gol de Gordon a piques de chegar ao minuto noventa deixou algo de incerteza no marcador pero os blaugranas souberon xogar na prolongación para non ter problemas para pechar o encontro.