Cargando resultados...
O caso Fran Beltrán
A tempada pasada xogou 34 encontros de 38, na actual 1 de 4
O de Seseña remata contrato en xuño e ata o de agora non hai conversas para amplialo
G24.gal
18/09/2025 22:40
Fran Beltrán está recoñecido polo Celta como unha das lendas do clube superando os 200 partidos en primeira, so superado por Iago Aspas, Hugo Mallo e Mostovoi. Foi un xogador importante no medio campo dende que chegou, pero esta tempada ten un rol secundario polo bo momento de Hugo Sotelo e de Ilaix Moriba.
O pasado curso foi un dos indiscutibles para Claudio, xogando 34 encontros de 38, pero na tempada actual, despois de 5 xornadas, so tivo minutos ante o Xetafe. O xogador de Seseña ten contrato ata xuño, pero ata o de agora, o clube non comezou as conversas para unha posible renovación.
