Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bergantiños-Ourense C. F., nos cuartos de final da Copa Federación

Bergantiños-Ourense C. F., nos cuartos de final da Copa Federación

O gañador terá como premio o acceso a semifinais e á Copa do Rei, na que se enfrontarán a un equipo de Primeira

G24.gal 18/09/2025 15:33 Última actualización 18/09/2025 15:41

Bergantiños-Ourense C. F., Atlétic Lleida-Ejea, Sanse-Toledo e Deportiva Mineira-Orihuela serán os cuartos de final da Copa Federación, que terán como premio para os gañadores o acceso a semifinais e á Copa do Rei, na que se enfrontarán a un equipo de Primeira.

A Deportiva Mineira, que a pasada campaña eliminou o Alavés e caeu en dezaseisavos de final ante o Real Madrid, loitará por estar unha vez máis no torneo do ko. e, tras desfacerse do Molinense por 3-0 na prórroga, enfrontarase nestes cuartos ao Orihuela, que derrotou polo mesmo marcador ao Huétor Tájar.

O Bergantiños medirase co Ourense C. F. tras superar ambos por 2-1 o Estradense e o Zamora, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade