Liverpool 3 - 2 Atlético de Madrid
Un gol de Van Dijk no 92 impide que o Atlético puntúe en Anfield
O Cholo Simeone acabou expulsado logo de encararse cos seareiros ingleses

O Liverpool comezou mandando no encontro dende ben cedo. No minuto 4 Robertson abriu a lata para os reds e no 6, Salah anotou o segundo logo dunha boa xogada do exipcio. Foi no engadido da primeira metade cando Marcos Llorente recortou a vantaxe para chegar ao tempo de lecer 2 a 1.
Na 81 da segunda metade, de novo, Llorente, que semella ter algunha relación especial coas noites europeas en Anfield, puña o empate cunha volea dende o balcón da área. Pero xa no minuto 2 de engadido, Van Dijk asinou o terceiro do conxunto vermello cunha cabezada nun córner. De xeito paralelo, o Cholo Simeone encarouse cos seareiros ingleses mentres celebraban e foi expulsado.