O Barça non pode co Campión de Europa
Ferrán Torres adiantou o Barcelona pero Mayulu e Gonzalo Ramos anotaron para fechar a remontada dos de París.
O equipo culé sufriu en demasía no treito final do partido polos problemas físicos dos seus xogadores.

O Fútbol Club Barcelona caeu derrotado na segunda xornada da Champions League ao perder ante o Campión de Europa, o París Saint Germain, por un tanto a dous , nun partido decidido nos minutos finais do mesmo. É a primeira derrota nesta temporada 2025-26 para o equipo que adestra Hansi Flick que soamente cedera un empate en liga ante O Raio vallecano.
A primeira metade foi un intercambio de golpes entre os dous equipos. Ferrán Torres adiantou os blaugranas tras unha boa xogada combinada entre Lamine, Pedri, Rashford e o goleador culé. Pero o tanto non amedrentou os de Luis Enrique e o dianteiro de dezaoito anos Mayulu igualaba o choque tras un erro de Cubarsí que non mediu ben a hora de saír o cruce. O partido foi o descanso con táboas no marcador pero coa sensación que ía haber máis goles na segunda metade. Pero o gol fíxose de rogar . Os equipos seguiron máis preocupados de atacar a portería contraria que de defender a propia. E as ocasións chegaron de forma cuantiosa para os dous equipos. Barcola, Mayulu, Lamine ou Olmo gozaron de claras ocasións que non foron quen de concretar. E non sería ata o minuto final do choque cando chegaría o definitivo gol para o equipo parisino. O portugués Gonzalo Ramos aproveitaría unha boa asistencia de Achraf Hakimi para otorgarlle os tres puntos o campión de Europa despois do vibrante partido disputado en Montjuic.
Os culés centraranse agora no partido de liga que disputarán ante o Sevilla o próximo domingo antes do parón polos compromisos das seleccións nacionais.