Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi logra a terceira vitoria na Eurocup tras gañar en Polonia por 83-90

O Baxi logra a terceira vitoria na Eurocup tras gañar en Polonia por 83-90

As galegas foron case sempre por diante na pista do Sosnowiec, grazas a unha actuación coral e ás grandes porcentaxes de Daniels, Sotolova e Melia

Foto Baxi Ferrol
G24.gal 22/10/2025 18:38 Última actualización 22/10/2025 19:44

O conxunto galego comezou por debaixo no marcador, pero pronto conseguiu reaccionar para poñerse por diante no marcador. O primeiro cuarto rematou 19-25 para o Baxi, que estiveron case perfectas en ataque.

O segundo cuarto comezou como rematara o primeiro, dominio galego que lle permitiu tomar unha vantaxe de once puntos, 34-45. Aí comezou a reacción polaca, que, cun parcial de 9-0, logrou poñerse a dous puntos. Os equipos marcharon ao descanso cun marcador de 43-47, grazas a unha canastra no último segundo de Elena.

Comezou ben o Baxi na segunda metade. Dúas triplas consecutivas de Ine Jones situaron as ferrolás con dez puntos de diferenza 47-57. Outra vez reaccionou o Sosnowiec, que da man de Taylor logrou voltear o marcador para colocalo nun apertado 62-61 para as locais.

Tamén reaccionaron as xogadoras de Lino para chegaren ao remate do terceiro cuarto cunha vantaxe de seis puntos 62-68 

O derradeiro cuarto estivo moi igualado, pero o Baxi logrou unha importante diferenza 81-86 a 2:20 do final grazas a unha grande actuación de Sotolova.

O Baxi logrou a terceira vitoria, 83-90, despois de derrotar o Benfica luso e o Ostrava da República Checa. Dalayah Daniel foi a máxima anotadora das galegas con 18 puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar