Dobre vitoria galega na xornada do balonmán feminino
Ó Mecalia Guardés venceu en Lanzarote (22-26) e segue no coliderado con 9 puntos
O Conservas Orbe Zendal Porriño remontou en Valladolid (22-24)
O Mecalia Atlético Guardés mantense invicto. Sumou a cuarta vitoria nesta quinta xornada da Liga Guerreiras. Impúxose en Lanzarote ó Balonmán San José.
O encontro chegou axustado ó descanso e as rivais presionaron durante toda a segunda metade. O equipo galego sufriu pero levou a vitoria por 22-26. Elena Martínez e Ania Ramos comandaron a anotación con cadanseus 5 tantos. O Guardés manténse de segundo empatado a puntos co Bera Bera.
Pola súa banda, o Conservas Orbe Zendal Porriño acadou un importante triunfo en Valladolid, que chegou con remonta incluída. As galegas foron por detrás no marcador durante toda a primeira metade, que acabou cun resultado de 13-9.
Tras o descanso, e malia á reacción das porriñesas con tres goles, o Aula Valladolid seguiu levando a iniciativa ata o 19-15. Chegou entón un parcial de 0-6 con dous goles de Paulina Buforn, que foi a autora dos tres últimos tanto do Porriño para acabar con 9, e para deixar un resultado final de 22-24. O Porriño acumula 6 puntos na Liga.