Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca engade outra derrota no campo do Alhama (3-1)

O Deportivo Abanca engade outra derrota no campo do Alhama (3-1)

Terceira derrota consecutiva do cadro coruñés que foi superado con claridade polo conxunto murciano

G24.gal 05/10/2025 14:11

O Deportivo Abanca sumou a terceira derrota consecutiva no campo do Alhama murciano (3-1). Un partido no que foi superado desde o principio ata o final e no que nunca tivo opción de pelexar polos puntos. 

Aos trece minutos marcou o equipo local cun tanto de Marta Gestera e no 39 Astrid aumentou a vantaxe. Amosábase moi inferior o equipo de Fran Alonso que buscou a reacción desde o banco con tres trocos no tempo de lecer. Entraron Artero, Henar e Millene no lugar de Vera, Olaya e Eva Dios pero as prestacións non melloraron. 

O Alhama marcou o terceiro aos oito minutos do segundo tempo cun gol de Belén Martínez. O resto do encontro resultou un trámite do que só houbo que destacar o tanto da deportivista Paula Monteagudo a vinte minutos do final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade