Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadeo enxalza a herdanza indiana do seu pasado emigrante

Ribadeo enxalza a herdanza indiana do seu pasado emigrante

A vila mariñá regresa aos anos vinte para rememorar as achegas dos seus antepasados que emigraron a América 

G24.gal 13/07/2025 09:29 Última actualización 13/07/2025 09:49

Indica o guía do Ribadeo Indiano, responsable do percorrido polos edificios de época que hai na localidade, que "non se pode entender a Galicia contemporánea sen América. Esta celebración é unha homenaxe aos nosos devanceiros e é unha festa moi dinámica".

Ribadeo enxalza o legado dos indianos, presente en cada recuncho da vila mariñá. Unha visitante procedente de Lugo di que "só a arquitectura que ten Ribadeo de casas indianas xa é impresionante".

A festa vívese na rúa, coa implicación de residentes e visitantes. Unha veciña comenta que "coma nunha festa importante, vestimos as nosas mellores galas", outra, confesa que "vou de cubana e fixen eu o vestido enteiro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade