Sabucedo celebra o último día da Rapa das Bestas
Este ano foi a baixada máis multitudinaria, con preto de 300 animais no curro
Máis de 20.000 persoas pasaron esta fin de semana por Sabucedo, na Estrada, para vivir en directo a Rapa das Bestas. Este luns de mañá celebrouse alí o último curro desta edición.
Pero en Sabucedo este luns aínda é xornada festiva durante todo o día.
De mañá os gaiteiros animaban os espectadores do curro á espera da chegada dos cabalos, cos aloitadores e alotadoras mallados pero dispostos para a terceira e última rapa deste ano.
O curro volveuse ateigar de bestas nesta terceira xornada, porque a baixada foi das máis numerosas dos últimos anos, con arredor de 300 animais.
Unha vez cheo o curro, é hora de poñer en práctica a técnica ancestral dos aloitadores, que prima a seguridade por riba de todo.